Santiago de Compostela, 15 de abril de 2023 A Xunta de Galicia e o Concello de Val do Dubra destinarán máis de 336.000 euros para a creación dunha zona de tránsito para os peóns no entorno do lugar de Paramos. A Xunta financiará o 70% da obra e o concello asumirá o 30% restante.
O obxectivo da intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, é mellorar a seguridade viaria no tramo entre os puntos quilométricos 17+160 e 18+620 da estrada AC-406 (Portomouro-Santa Comba).
Máis polo miúdo, o proxecto inclúe demolicións e movementos de terras para explanación de sendas de 1,8 metros de anchura -medida que se reduce en zonas de vivendas e peches de parcelas- de formigón colorado; canalizacións de pluviais e da rede de alimentación de alumeado público; a reposición do firme na zona da gasolineira e traslado de postes de electricidade, iluminación pública e telefonía