Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023 A Xunta de Galicia adxudica por máis de 159.000 euros o proxecto para levar a cabo a humanización da contorna da casa cuartel do Concello de Esgos.
A actuación, que será financiada conxuntamente por ambas administracións, cunha achega da Xunta do 70% e do 30% por parte do Goberno local, ten un prazo de execución de 3 meses.
O proxecto pretende facer accesibles as beirarrúas mantendo as cotas, colocando varandas e ampliando a largura. Tamén se revisará o sumidoiro lonxitudinal na entrada dun garaxe, reporase a rega asfáltica e reorganizaranse os espazos peonís e de aparcamento coa creación de zonas verdes e aparcadoiros.