Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Riós reúnense para abordar asuntos en materia urbanística e de residuos

1 de 1

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2023 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente coa alcaldesa de Riós, Eva María Barrio, para avaliar varias cuestións en materia de urbanismo e de residuos de interese para a veciñanza da localidade. 

Durante o encontro, a rexedora ourensá trasladoulle á responsable autonómica a necesidade de actuar na rúa Fumaces de cara á súa humanización co obxectivo de poñer en valor esta zona, localizada no lugar que leva o mesmo nome.

Así mesmo, conselleira e alcaldesa tamén aproveitaron o seu encontro para abordar o proxecto municipal para a futura construción dun local social enerxeticamente eficiente empregando contedores náuticos para a súa edificación.

Imaxes relacionadas