A Xunta de Galicia asume unha labor de fomento para que os concellos teñan os documentos de planeamento adaptados á lexislación vixente e ás características particulares previstas para o seu desenvolvemento urbanístico. Neste sentido, cabe salientar as ordes de axudas e convenios de colaboración coas entidades locais para a formulación e tramitación dos distintos instrumentos de planeamento urbanístico. Rexistro de convenios (regulado polo Decreto 126/2006, do 20 de xullo) Subvencións ás entidades locais para a redacción do planeamento urbanístico Orde do 18 de febreiro de 2004 (DOG núm. 43 do 2 de marzo de 2004) Orde do 15 de marzo de 2005 (DOG núm. 57 do 23 de marzo de 2005) Orde do 20 de abril de 2007 (DOG núm. 79 do 24 de abril de 2007) Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 8 do 11 de xaneiro de 2008) Orde do 2 de marzo de 2010 (DOG núm. 47 do 10 de marzo de 2010) Orde de 29 de xullo de 2010 pola que se regula a concesión de subvencións complementarias (DOG núm. 151 do 9 de agosto de 2010) Orde do 20 de outubro de 2010 pola que se modifica o artigo 15.a) das ordes do 20 de abril e do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 208 do 28 de outubro de 2010)