A Dirección Xeral de Urbanismo conta con programas dirixidos á dotación de equipamentos públicos e de mellora de contornas urbanas. Os equipamentos urbanos desempeñan un papel fundamental como elemento dinamizador de desenvolvemento social e cultural da nosa sociedade e son, ademais, elementos estruturantes na contorna urbana. As intervencións definidas como contornas urbanas recollen as actuacións enfocadas a mellorar o espazo público tendo en conta as necesidades de utilización e en relación coa mellora da contorna, o ambiente e a calidade de vida. O PLAN hURBE trata de articular unha estratexia de posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que permita crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible, sen prexuízo de actuacións puntuais nas cidades, que se encadren nos obxectivos fixados neste plan.