Plan Básico Autonómico de Galicia

mapaO Plan básico autonómico de Galicia (PBA), que foi aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo, é un instrumento de planeamento urbanístico que ven a complementar o novo marco urbanístico co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio.

O PBA é unha ferramenta dinámica que resulta indispensable para plasmar sobre o territorio a complexa realidade da normativa sectorial e dos instrumentos de ordenación do territorio, así como a identificación dos asentamentos de poboación existentes.

Asemade, constitúe o paso intermedio imprescindible para a elaboración dos plans básicos municipais para os concellos de menos de 5 000 habitantes que non contan cun instrumento de planeamento urbanístico xeral.

No que atinxe ao alcance das súas determinacións, o PBA será de aplicación nos concellos que carezan de planeamento xeral e terá carácter complementario do planeamento municipal naqueles concellos que dispoñan del, para suplir as posibles indeterminacións e lagoas do planeamento municipal vixente. 

Finalmente, establece as disposicións xerais sobre os diferentes usos do solo e da edificación que resultan de aplicación común ás súas ordenanzas tipo particulares, que serán incorporadas nos plans básicos municipais en función das características propias de cada concello e das clases e categorías do solo. Asemade, estas ordenanzas tamén poderán ser utilizadas de xeito orientativo, como base ou referencia na elaboración dos plans xerais de ordenación municipal, cando se considere oportuno.

Ademais, a normativa e as ordenanzas do PBA substituíron ás Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais aprobadas no ano 1991.

ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN: XUÑO 2026

O PBA debe actualizarse cunha periodicidade mínima anual  en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, por canto constitúe unha peza viva, radiográfica do acontecer normativo que afecta ao territorio da Comunidade Autónoma.

Á vista disto, a información xeográfica do PBA é obxecto da súa décima actualización mediante Resolución do 1 de xuño de 2026 da Direccion Xeral de Urbanismo. 

Ademais, na infraestrutura de datos espaciais do PBA realízanse os seguintes cambios:

  • Impleméntase a conexión coas bases de datos dos seguintes organismos sectoriais competentes, co obxecto de amosar a súa información xeográfica actualizada en todo momento:

    -Infraestrutura Espacial do Rexistro Eólico de Galicia (enlace) no relativo á posición das infraestruturas dos parques eólicos en funcionamento, autorizados ou en obras na CCAA (aeroxeneradores; torres de medición; CT/SUB).

    -Infraestrutura Espacial da Axencia Galega de Infraestruturas (enlace) no relativo á localización e trazado da Rede Autonómica de Estradas de Galcia (RAEG).

    - Infraestrutura de Datos Espaciales de ADIF (enlace) no relativo á localización e trazado da infraestrutura ferroviaria e a súa zona de protección.

    -Infraestrutura de Datos Espaciales del Ministerio Para la Tansición Ecológica y el Reto Demográfico (enlace) no relativo aos límites dos ámbitos das Demarcacións Hidrográficas que constan nos Plans hidrolóxicos do tercer ciclo de planificación 2022-2027.

  • Habilítanse, nos bloques de información de "SISTEMA DE ASENTAMENTOS" e de "INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO" da ferramenta "Selección de capas", as iconas "URL" que permiten acceder ás web e bases de datos propias dos organismos sectoriais para completar información.

    Así, no caso de “SISTEMA DE ASENTAMENTOS” impleméntase a icona “URL” que permite acceder ás webs do Nomenclátor de Galicia (https://www.xunta.gal/toponimia-e-nomenclator; https://www.xunta.gal/nomenclator/busca-directa) e no caso de "INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO" a icona "URL" que permite acceder á web do SIOTUGA para ampliar a información dos Instrumentos de ordenación do territorio (https://siotuga.xunta.gal/siotuga/iot).

DOCUMENTOS RELACIONADOS
  1. Resolución de actualización e anexos             
    Resolución do 1 de xuño de 2026
    Memoria - Anexo I: marco legal Actualización 2026_06        
    Memoria - Anexo II: fontes de información Actualización 2026_06        
    Memoria - Anexo III: instrumentos de ordenación do territorio Actualización 2026_06       
    Memoria - Anexo IV: listaxe de espazos naturais Actualización 2022_12         
    Memoria - Anexo V: gráficos Actualización 2022_12         
    Memoria - Anexo VI: análise de poboación Actualización 2025_12            
    Memoria - Anexo VII-VIII: listaxe de asentamentos Actualización 2025_12     
    Memoria - Anexo IX-I: listaxe de bens de interese cultural de Galicia (BIC) Actualización 2026_06         
    Memoria - Anexo IX-II: listaxe de bens do catálogo de patrimonio cultural de Galicia Actualización 2026_06
  2. Planos a escala 1:10.000            
    Planos a escala 1:10.000 (dispoñibles no visor do PBA)
  3. Fichas do Catálogo de Patrimonio Cultural            
    Fichas do Catálogo de Patrimonio Cultural (dispoñibles no visor do PBA)
  4. Normativa e ordananzas tipo            
    Normativa e ordenanzas tipo (Decreto 83/2018)
HISTÓRICO DE ACTUALIZACIÓNS

O documento completo do PBA aprobado en 2018, así como as súas actualizacións sucesivas, están dispoñibles para a súa descarga na web do Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, indicando no campo “Instrumento”: Plan Básico Autonómico.

LIGAZÓNS RELACIONADAS

Visor PBA SIX Actualización 2026_06            
Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia