De acordo co establecido no Decreto 36/2022, do 10 de marzo, os órganos permanentes da Xunta Consultiva son os seguintes: Presidencia: corresponde á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Vicepresidencia: atribuída á directora xeral de Urbanismo. Pleno: órgano colexiado no que se integran as persoas titulares dos centros directivos da Administración xeral da Xunta de Galicia relacionados coa ordenación do territorio e urbanismo; persoas titulares das alcaldías designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias; persoas titulares da presidencia das deputacións provinciais; representantes dos colexios oficiais con competencias nos eidos da ordenación do territorio e urbanismo e representantes das organizacións empresariais. Comisión Permanente: órgano colexiado de composición eminentemente técnica.