No seguinte enlace pode descargarse o texto refundido da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Este texto consolidado é de carácter informativo e non ten validez xurídica. A consolidación consiste en integrar nun único texto, sen valor oficial, as correccións, modificacións e derrogacións de carácter expreso que a norma tivo dende a súa orixe, co obxectivo de facilitar o acceso ao Dereito vixente. Asemade, incorpóranse anotacións e comentarios do articulado, así como enlaces web ao contido da información que se regula, como no caso da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, das Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico ou do Plan Básico Autonómico. Para fins xurídicos, deben consultarse as publicacións oficiais. Texto consolidado da Lei 2/2016 (non normativo)