Documentos normativos vixentes A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aprobou as Normas técnicas de planeamento de Galicia, por Orde do 10 de outubro de 2019 (DOG núm. 224 do 25/11/2019), que entraron en vigor o 25.05.2020. Esta normativa ven a complementar o actual marco lexislativo en materia de urbanismo co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio, co propósito de garantir un territorio ordenado na totalidade dos concellos de Galicia. As Normas técnicas de planeamento teñen por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, facilitar a integración da información do planeamento nas infraestruturas dixitais de datos espaciais e, posibilitar un acceso sinxelo aos documentos de planeamento a todos os actores que participan na planificación do territorio e ao público en xeral. Esta normativa nace principalmente da necesidade dunha simplificación e normalización técnica dos instrumentos de planeamento, co obxecto de facilitar e axilizar a súa elaboración, tramitación e coñecemento. Compre entendela e asumila como unha oportunidade de mellora no proceso de formulación e aprobación dos documentos, sempre na procura dunha maior transparencia e lexibilidade destes. Entre outros aspectos, as NNTTPP regulan os criterios, formatos e contidos a ter en conta durante a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento; armonizan a estrutura e codificación dos documentos dixitais; establecen os aspectos técnicos requiridos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIX e para o seu tratamento informático; ordenan nun título específico a elaboración da base cartográfica que sirva de soporte para a formulación do planeamento, e regulan o proceso de dilixenciado dixital dos documentos de planeamento. Porén, a experiencia acumulada na aplicación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia puxo de manifesto algunhas dificultades interpretativas na súa aplicación e detectáronse determinacións susceptibles de ser revisadas para facilitar o traballo dos equipos redactores e dos concellos. Neste contexto, aprobouse a Orde do 8 de abril do 2022 (DOG núm. 78, 25.04.2022) que modifica o texto articulado das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia e actualiza os seus anexos técnicos, engadindo un novo anexo 9B. ACTUALIZACIÓN DE ANEXOS TÉCNICOS DECEMBRO 2025 O anexo técnico 4 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia foi actualizado por Resolución do 18 de decembro de 2025 da Dirección Xeral de Urbanismo co obxecto de: Regular o contido do cartafol 11.ORDET, que forma parte da estrutura de carpetas do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM). Engadir unha estrutura de subcarpetas no soporte editable para localizar os arquivos vectoriais preceptivos definidos no anexo técnico 3. Clarexar as determinacións aplicables a estrutura de carpetas no caso das modificacións puntuais e das correccións de erros. Mellorar e harmonizar a estrutura da documentación da Avaliación ambiental estratéxica. Orde do 10 de outubro de 2019, pola que se aproban as Normas técnicas de planeamento (DOG núm. 224, 25/11/2019)Orde do 8 de abril de 2022, pola que se modifica a Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG núm. 78, 25.04.2022)Resolución do 18 de decembro de 2025, pola que se aproba a primeira actualización do Anexo 4 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG núm. 11, 19.01.2026)Anexo 1. Listado de abreviaturas - Modificación abril 2022Anexo 2. Simboloxía gráfica - Modificación abril 2022Anexo 3. Modelo de datos dos arquivos vectoriais - Modificación abril 2022Anexo 4. Estrutura e codificación de arquivos e carpetas - Actualización decembro 2025Anexo 5. Modelo de cartela e formato A1, A2, A3 e A4 - Modificación abril 2022Anexo 6. Modelo de extracto ambiental - Modificación abril 2022Anexo 7. Ficha de vixencia de planeamento trala aprobación do documento en tramitación - Modificación abril 2022Anexo 8. Catálogo mínimo de obxectos xeográficos da base topográfica do planeamento urbanístico - Modificación abril 2022Anexo 9. Declaración responsable - Modificación abril 2022Anexo 9B. Declaración responsable do proceso de dilixenciado - Novo abril 2022 Documentos de apoio A disposición adicional das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia habilita á consellería competente en materia de urbanismo a crear na súa páxina web un espazo axeitado no que por a disposición de todas as persoas interesadas arquivos ou modelos normalizados, de acordo co disposto en ditas normas técnicas. Os documentos de apoio que con este obxectivo se elaboran e publican neste espazo web non teñen carácter normativo, se ben buscan facilitar e axilizar o proceso de formulación do planeamento. 1. Elaboración, presentación e entrega Arquivos de simboloxía (.qml). Qgis (v 3.24) - Abril 2022Arquivos de simboloxía (.lyr). ArcGIS (v 10.8) - Abril 2022Instrucións de uso dos marcos oficiais para a distribución de follas 2. Documentación gráfica en soporte dixital editable Modelo de datos dos arquivos vectoriais (.shp) - Abril 2022Modelo de datos dos arquivos vectoriais (.gpkg) - Abril 2022 3. Modelo de cartela e formato A1, A2 e A3 Modelo ArcGIS (v 10.7) - Abril 2022 Modelo QGIS (v.3.14) - Abril 2022 4. Estrutura de carpetas dos documentos de planeamentoEstrutura carpetas PU - Decembro 2025 5. Texto refundido das NNTTPP (non normativo) Documento que refunde as Ordes do 10 de outubro de 2019 e do 8 de abril de 2022 - Abril 2022 6. Preguntas frecuentes (FAQ) Preguntas frecuentes sobre a aplicación das NNTTPP vixentes - Abril 2022