O artigo 17 do Decreto 36/2022, do 10 de marzo, polo que se crea e regula a Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo establece o seguinte: Anualmente a Secretaría Xeral da Xunta Consultiva elaborará unha memoria baseándose nos informes emitidos, con proposta das medidas pertinentes para a mellora da eficacia na ordenación do territorio e no urbanismo. Na elaboración da memoria anual deberá terse en conta a perspectiva de xénero. Os datos recolidos na memoria que se refiran a persoas físicas, deberán recollerse e difundirse desglosados por sexo. O proxecto de memoria trasladarase aos vogais da Comisión Permanente, co obxecto de que poidan presentar as observacións que consideren pertinentes. A memoria será aprobada polo Pleno e elevada á persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo para a súa remisión ao Consello da Xunta. Posteriormente, publicarase na páxina web da Xunta Consultiva". En cumprimento do establecido neste precepto, publícanse as memorias anuais aprobadas desde a constitución da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo: Memoria anual 2022 Memoria anual 2023