Santiago de Compostela, 23 de abril de 2023 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente coa alcaldesa de Riós, Eva María Barrio, para avaliar varias cuestións en materia de urbanismo e de residuos de interese para a veciñanza da localidade.
Durante o encontro, a rexedora ourensá trasladoulle á responsable autonómica a necesidade de actuar na rúa Fumaces de cara á súa humanización co obxectivo de poñer en valor esta zona, localizada no lugar que leva o mesmo nome.