Ángeles Vázquez e o alcalde de Muiños reúnense para abordar asuntos en materia urbanística e de vivenda

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2023 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, para avaliar varias cuestións en materia de urbanismo e vivenda.

Durante o encontro, o rexedor ourensán trasladoulle á responsable autonómica a necesidade de avanzar na repavimentación de varios espazos públicos nos núcleos de Muíños, Pazos e Quinta co obxectivo de optimizar a accesibilidade destas contornas e contribuír a calidade de vida dos veciños.

A maiores, o alcalde e a conselleira avaliaron as condicións para solicitar o Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes e as necesidades en materia de vivenda deste concello ourensán.

Imaxes relacionadas