Ángeles Vázquez e o alcalde dos Blancos reúnense para abordar asuntos en materia urbanística

1 de 1

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2023 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, para avaliar varias cuestións en materia de urbanismo.

Durante o encontro, o rexedor ourensán trasladoulle á responsable autonómica a necesidade de avanzar na humanización de varios espazos públicos do municipio de cara a garantir unha mellor accesibilidade e mellorar a calidade de vida dos seus veciños.

 

Imaxes relacionadas