Ángeles Vázquez e o alcalde da Veiga reúnense para abordar asuntos en materia urbanística

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2023 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde da Veiga, Juan Anta, para avaliar varias cuestións en materia de urbanismo.

 

Durante o encontro, o rexedor ourensán trasladoulle á responsable autonómica a necesidade de avanzar na humanización de varios espazos públicos do municipio de cara a garantir unha mellor accesibilidade e mellorar a calidade de vida dos seus veciños.

 

Así, avaliaron a posibilidade de realizar melloras nos núcleos de Meda, Corexido, Lamalonga e Requeixo para crear novas prazas e, ao mesmo tempo, corrixir o impacto paisaxístico de infraestruturas en mal estado nestas contornas. O proxecto municipal inclúe, entre outras cuestións, a instalación de xogos infantís, a creación dunha zona verde e renovación do firme.