A Xunta licita por preto de 900.000 euros a obra destinada á humanización da contorna da ermida de San Eleuterio

A actuación ten como obxectivo converter a zona nun espazo público no que os peóns teñan prioridade sobre os vehículos

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2023 A Xunta de Galicia acaba de licitar por preto de 900.000 euros a obra para a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, en Tameiga, tal e como recolle o convenio asinado o pasado marzo pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo. 

Neste caso, as obras, que contan cun prazo de execución previsto de 6 meses, consistirán na remodelación do entorno da ermida de San Eleuterio a través da dotación á área de zonas verdes, na renovación completa do mobiliario urbano e na repavimentación do solo, ademais da protección de todos os elementos culturais como a propia ermida, o cruceiro ou o peto de ánimas.