A Xunta licita por 484.000 € o acondicionamiento do barrio da Estación, no concello da Rúa

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2023.- A Xunta de Galicia acaba de licitar por un orzamento inicial de 484.000 euros a obra destinada ao acondicionamento do Barrio da Estación, preto do centro do municipio ourensán da Rúa, unha actuación que responde ao convenio de colaboración asinado o pasado mes de abril entre o Goberno autonómico e a Administración municipal.

 

As obras, que contan cun prazo de execución previsto de cinco meses, están enfocadas á renovación das redes de saneamento, ao soterramento do alumeado público, á instalación de redes de pluviais e de gas natural e á creación de beirarrúas para favorecer o tránsito peonil nas zonas máis céntricas do concello.

 

En total, a intervención prevista abranguerá un total de 3.147 metros cadrados localizados, concretamente, nas rúas Doutor Vila, Silveira, Benito Fernández e Miguel de Cervantes.