Ángeles Vázquez e o alcalde de Ames estudan vías de colaboración en materia de solo industrial e vivenda

1 de 2
2 de 2

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023 A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente co alcalde de Ames, Blas García, con quen estudou vías de colaboración en materia de solo industrial e vivenda.

Nesa liña, en materia de solo empresarial, a vicepresidenta segunda e o rexedor analizaron novas posibilidades de desenvolvemento a través dun cambio nunha delimitación do Plan sectorial. Para levar a cambio esa modificación, o concello presentará unha proposta coa nova delimitación acompañada da correspondente análise de viabilidade.

A maiores, tamén abordaron as necesidades do municipio de Ames en materia de vivenda, así como as diferentes liñas de axudas e programas de actuación que pon o Instituto Galego da Vivenda e Solo á disposición dos concellos para reforzar o seu parque público residencial.

Imaxes relacionadas